Os nosos servizos

En Cusoviame ofrecemos servizos que nacen da experiencia no rural e do compromiso coa xente que o traballa. Cuidamos do teu esforzo co que de verdade importa: apoio, proximidade e solucións que acompañan cada día.

Fábrica de pensos propios

Elaboramos pensos de alta calidade adaptados ás necesidades de cada tipo de gando, especialmente vacún.

Control de materias primas, formulación personalizada e entrega directa na túa granxa

Tenda

Tenda agraria

Todo o que precisas para o teu traballo diario: Fertilizantes, sementes, ferramentas, produtos veterinarios, complementos para o fogar e máis.

Atención próxima e profesional para resolver dúbidas e asesorarte nas compras.

Asesoramento técnico e veterinario

O noso equipo acompáñate para mellorar rendemento, saúde e produtividade.
Enxeñeiros que asesoran en cultivos, abonado e análises de terra; control de pragas e mostras de silo; elaboración de penso adaptado; e apoio veterinario, nutricional e reprodutivo.
Un servizo completo para a túa explotación.

Xestión cooperativa transparente

En Cusoviame, cada socio/a ten voz.

Facemos asembleas abertas cos socios e a xunta diretiva, contas claras e participación activa en decisións clave.

UCOGA

Correduría de seguros

Somos copropietarios, dende 2016, da correduría galega especializada no sector agroalimentario UCOGA. Grazas a iso ofrecemos seguros exclusivos, con prezos competitivos e coberturas pensadas para ti: explotacións, vida, saúde, fogar, empresa ou maquinaria.

O noso obxectivo é claro: que ti e a túa granxa esteades sempre ben protexidos, con asesoramento próximo e solucións feitas á medida.

Agroseguros

Gando: vacuno, ovino, caprino, equino e aviar

Cultivos: forraxeiros

Viñedo: uva de vinificación

Outros: retirada de cadáveres

Seguros agrarios e maquinaria

Maquinaria agrícola

Seguros para explotacións

Responsabilidade civil (RC)

Accidentes e baixas

Seguro de convenio obrigatorio

Seguro de saúde

Particulares e persoais

Fogares e comunidades: seguros para vivendas e comunidades de veciños.

Vida e decesos: protección económica familiar e coberturas en caso de falecemento.

Accidentes: indemnización por danos persoais.

Persoa de contacto: Mari Carmen
661 63 64 83 · mcarmen@cusoviame.com

De acuerdo a lo establecido en la legislación vigente en materia de Protección de Datos de Carácter Personal, Reglamento 2016/679 General de Protección de Datos (RGPD) y la Ley Orgánica 3/2018 de 5 de diciembre, de protección de datos de carácter personal y garantía de los derechos digitales (LOPDGDD), se le informa que los datos personales que nos facilite a través de dicho formulario serán tratados por CUSOVIAME, con la finalidad de gestionar su solicitud y enviarle información más detallada. Para más información consultar la política de privacidad.