A nosa historia

En CUSOVIAME SCG levamos desde 1976 traballando xuntos para dar forza ao sector vacún da nosa comarca. Hoxe somos máis de 500 persoas socias distribuídas por 11 concellos das provincias da Coruña e Lugo: Curtis, Sobrado, Vilasantar, Aranga, Mesía, Guitiriz, Irixoa, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne e Toques.

Somos unha cooperativa que medra grazas ao compromiso e ao traballo diario de todas as persoas que formamos parte deste proxecto.

Contamos cunha fábrica de pensos propia, certificada con GLOBALG.A.P., dous almacéns e unha tenda agraria onde poñemos á túa disposición produtos, ferramentas e subministracións pensadas para facilitarche o día a día na túa explotación. 

Para estar preto de ti, dispoñemos de tres puntos de atención no territorio: Santaia, Cambás e Teixeiro. Desde estas delegacións acompañámoste con servizos agrónomos, veterinarios, de reprodución, maquinaria, substitución e asesoramento técnico, sempre coa vontade de mellorar a produtividade, o benestar animal e a sustentabilidade das túas explotacións.

Colaboradores

Traballa con nós

En CUSOVIAME SCG somos máis de 500 persoas unidas por un mesmo obxectivo: facer medrar o rural galego a través da colaboración, a calidade e o compromiso.

Somos unha cooperativa en constante evolución, onde o traballo en equipo, a confianza mutua e a paixón polo que facemos son fundamentais.

Ofrecémosche formación, estabilidade e a oportunidade de crecer dentro dun proxecto colectivo con futuro no sector agrogandeiro.

Se compartes os nosos valores e queres formar parte dunha familia cooperativa que aposta polo rural, en Cusoviame estamos a buscarte a ti.

De acordo co establecido na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, Regulamento (UE) 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmase de que os datos persoais que nos facilite a través deste formulario serán tratados por CUSOVIAME coa finalidade de xestionar a súa solicitude e enviarlle información máis detallada. Para máis información, consulte a política de privacidade.